martes, 19 de mayo de 2015

MUÍÑOS

Os muíños de auga ou aceas construíanse á beira dos ríos, realizando unha presa para embalsar auga e conseguir unha diferenza de altura. A auga do encoro corría por un canal ou cano e movía unha roda con penas (pás) chamada rodicio, a que á súa vez movía as pedras ou moas do muíño. Ao conxunto formado polo encoro e máis o cano de alimentación do muíño chámaselle popularmente caneiro, sendo xunto cos caneiros de pesca elementos característicos da paisaxe dos rios galegos. Este modo de obter enerxía mecánica utilizábase tamén noutros usos, como os batáns (tamén mencionados no Quixote) ou nas serrerías americanas. Actualmente, moitos destes encoros empréganse para producir enerxía eléctrica (enerxía minihidráulica), pero levando a auga por un conduto cerrado desde o fondo do encoro até unha turbina, que substitúe a roda de pás. Tipos de muíños de auga pola súa propiedade e uso De maquía ou maquieiros: o muiñeiro recibe da persoa que leva o gran unha parte (maquía) da fariña resultante, como cobro do seu traballo. O tamaño da maquía era un neto, cantidade regulada polo concello. De herdeiros ou aparceiros: a propiedade do muíño é compartida e transmítese por herdanza. As quendas de uso regulábanse por un tempo determinado. Deste uso compartido xurdían relacións sociais e comunais moi ricas, por exemplo as muiñadas (festas nocturnas no muíño). Partes da obra e maquinaria dun muíño de auga O inferno é a abertura no edificio do muíño, na que desemboca o cano e permite pasar a auga cara á maquinaria. A gradilla é unha grade ou reixa que impede o paso de paus ou pedras ao cubo. A auga do cano colle velocidade nunha tubaxe descendente que se chama cubo e acaba nun picho chamado buzo A saída da auga do buzo cara ao rodicio regúlase cunha billa accionada co ferro da billa O rodicio é a roda con penas (pás) que converte a velocidade da auga en movemento xiratorio que se transmite ás pedras de moer. O rodicio asenta verticalmente encol dunha mesa de madeira, e é suxeitado na parte superior por un eixo que consta de vara, zuncho, veo e varela No andar superior do edificio atópase o tremiñado, desde onde o muiñeiro controla a altura da mesa (e polo tanto a velocidade do rodicio) mediante un ferro chamado brandeiro. O gran deposítase nun recipiente suxeito pola escada, chamado moega. O muiñeiro controla a caída do gran cara ás pedras por medio dunha caneta Hai duas pedras de moer ou moas: unha fixa ou pé, e outra móbil ou capa que roda sobre a fixa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario