martes, 23 de junio de 2015

Este é o blog da clase de antropoloxía de 1º BAC do IES Gregorio Fernández de Sarria. Xa sexa por curiosidade, por honrar a memoria dos nosos devanceiros ou por ter acceso a unha sabiduría e coñecemento antigo do que hoxe non dispoñemos, o desexo de indagar no pasado e recompilar as mostras da cultura popular antes de que se perda todo neste mundo globalizado, lévanos a guiarnos polo noso espirito máis antropolóxico, xa sexa preguntando aos nosos anciáns ou removendo os anais da historia. Como traballo de campo neste curso, e dentro do proxecto ríos dispoñémonos a levar a cabo unha investigación sobre As Aceas (a coñecida ruta de sendeirismo) e en concreto sobre os seus muíños, e tamén sobre os muíños da contorna, para revitalizar o pasado da nosa terra. Esperando que visitedes a cotío o noso blog: Antropólogos en funcións: Alba López Díaz, Iván Vázquez López, Noelia Rigueiro López, Desi López Rodríguez, Alexia Rigueiro Calván, Alba Vázquez González e Brenda Somoza Muñoz.

O río Oribio é noso protagonista. Si seguimos o seu curso entraremos na Ruta das Aceas, tomando un dos dous itinerarios posibles, a Acea de Abaixo. Con boa compañía e equipados cunhas botas para camiñar, emprendemos o sendeiro que nos leva río arriba, na chamada Ruta das Aceas. É a direción que toman todos os paseantes que se adentran na ruta viñendo da vila de Sarria. Apenas comenzamos,topámonos xa ca primeira estampa. A agua, a presa e o muíño saen o encontro. A curiosidade empurranos a seguir a senda que desemboca no muíño de Mourín, recentemente restaurado. As sorpresas non se fan de rogar, porque ata o chan que pisamos é idílico e nos regala as cores de este inverno en todo o seu esplendor. No camiño atopamonos cun pequeno refuxio, que deu cubillo aos campesiños que baixaban dende os pobos veciños ca carga para os muíños ou cos animais. A continuación, a nosa ruta serpentea e no seu xiro deixa ao descuberto un segundo muíño. E, de novo, temos ante os nosos ollos unha paraxe de conto. Ao carón, a presa e o muíño, e ao outro, unha Carballeira en pronunciado declive. Nin sequera a forte pendente que queda aos nosos pés invítanos a abandonar. Tiñamos que chegar ata aquí para atravesar o camiño baixo un pórtico de alisos, ata chegar á presa dá Caneira, un dos mellores acoutados de pesca deste río soado pola calidade das súas troitas e a transparencia das súas augas. Xa temos ao noso alcance o final do itinerario, porque o terceiro muíño, o do Conde, marca o inicio do camiño cara á aldea veciña de Fafián. Deixamos atrás a Ruta das Aceas, pero seguimos ao río na súa entrada no casco urbano. E cun novo muíño, o de Ponte Ribeira. O río encauzase no Malecón. Si tomamos a estrada de Becerreá, chegaremos a outra ponte histórica, a Ponte Vella, romano nas súas orixes. Preto se empraza un dos muíños máis fermosos da zona, o de Don Álvaro.
IMG_20150522_103620.jpg

Foto muiños 2 (1).jpg
Os muíños de auga ou aceas construíanse á beira dos ríos, realizando unha presa para embalsar auga e conseguir unha diferenza de altura. A auga do encoro corría por un canal ou cano e movía unha roda con penas (pás) chamada rodicio, a que á súa vez movía as pedras ou moas do muíño. Ao conxunto formado polo encoro e máis o cano de alimentación do muíño chámaselle popularmente caneiro, sendo xunto cos caneiros de pesca elementos característicos da paisaxe dos rios galegos. Este modo de obter enerxía mecánica utilizábase tamén noutros usos, como os batáns (tamén mencionados no Quixote) ou nas serrerías americanas. Actualmente, moitos destes encoros empréganse para producir enerxía eléctrica (enerxía minihidráulica), pero levando a auga por un conduto cerrado desde o fondo do encoro até unha turbina, que substitúe a roda de pás. Tipos de muíños de auga pola súa propiedade e uso De maquía ou maquieiros: o muiñeiro recibe da persoa que leva o gran unha parte (maquía) da fariña resultante, como cobro do seu traballo. O tamaño da maquía era un neto, cantidade regulada polo concello. De herdeiros ou aparceiros: a propiedade do muíño é compartida e transmítese por herdanza. As quendas de uso regulábanse por un tempo determinado. Deste uso compartido xurdían relacións sociais e comunais moi ricas, por exemplo as muiñadas (festas nocturnas no muíño). Partes da obra e maquinaria dun muíño de auga O inferno é a abertura no edificio do muíño, na que desemboca o cano e permite pasar a auga cara á maquinaria. A gradilla é unha grade ou reixa que impede o paso de paus ou pedras ao cubo. A auga do cano colle velocidade nunha tubaxe descendente que se chama cubo e acaba nun picho chamado buzo A saída da auga do buzo cara ao rodicio regúlase cunha billa accionada co ferro da billa O rodicio é a roda con penas (pás) que converte a velocidade da auga en movemento xiratorio que se transmite ás pedras de moer. O rodicio asenta verticalmente encol dunha mesa de madeira, e é suxeitado na parte superior por un eixo que consta de vara, zuncho, veo e varela No andar superior do edificio atópase o tremiñado, desde onde o muiñeiro controla a altura da mesa (e polo tanto a velocidade do rodicio) mediante un ferro chamado brandeiro. O gran deposítase nun recipiente suxeito pola escada, chamado moega. O muiñeiro controla a caída do gran cara ás pedras por medio dunha caneta Hai duas pedras de moer ou moas: unha fixa ou pé, e outra móbil ou capa que roda sobre a fixa.
Muiño de José Antonio Mourín e Mercedes Macía, tuveron a feliz idea de restaurar un muiño como "Acea de baixo" no río Sarria. Un lugar para soñar, nun recuncho maravilloso do río Sarria. Hai un camiño en perfecto estado que leva ao muíño, que se atopa restaurado e conserva as pezas listas para
traballar.

mourin2.jpg
mourin3.jpg
Tamén dispón de outra área habilitada para recibir visitantes. O exterior do muíño atopase rodeado de amieiros , e na parte dianteira sorprende un pequeno souto de tres antigos castaños.

MUIÑO DO CONDE
CODIFICACIÓN: M-08 Nº Plano: C-23
DENOMINACIÓN: MUÍÑO DO CONDE
LOCALIZACIÓN: VIGO - FAFIÁN
ESTADO DE CONSERVACIÓN: BO
GRAO DE PROTECCIÓN: ESTRUCTURAL
CLASIFICACIÓN URBANÍSTICA: SRP ESPACIOS NATURAIS
normal_mapa-ruta-das-aceas-sarria.jpg

normal_aceas-indicador-presa-do-conde.jpg
normal_rio-sarria-acea-de-riba.jpg
958_sarria14.jpg

O “MUÍÑO”:ALGO MÁIS QUE UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO.
Grazas a morfología galega “o muíño” estivo moi presente na vida de Galiza ata praticamente día de hoxe.O muíño fluvial está moi presente nos ríos Galegos,os cales son moi caudalosos debido as fortes precipitacións en Galiza .Hai que ter en conta que a poboación galega foi predominantemente rural ao longo dos anos.Esto implica unha gran actividade agrícola e gandeira.De ahí a necesidade de estructurascoma o “muíño” que permitía moer.Atendendo o funcionamento,o muíño permitía o seu uso por parte da xente do pobo a cambio dunha pequena porcentaxe do material moído nel.Ao longo e ancho de toda a Comunidade hai muíños que datan incluso do século XI e que ó día de hoxe foron rehabilitados e conservados.Algúns deles poden ser visitados como museos e outros,moi poucos,conservan a súa actividade de moer o gran.
Tamén hai de destacar a súa función socializadora:tradicionalmente “o muíño” era o sitio de encontro donde se intercambiaban opinións e a xente creaba “chismes” sobre uns e outros do pobo.A xente cantaba e danzaba mentres moían.De aquí nace a canción popular a “muiñeira”executada habitualmente con gaita e acompañada de pandeireta,tamboril e outros instrumentos típicos da música popular galega.A palabra fai referencia a muller que vai moer ó muíño que cantaba estas cancións mentras esperaba que acabase de moído o gran.Tamén era un lugar onde había encontros entr homes e mulleres do lugar.Conservamos varias cancións que fan referencia a estos.Como por exemplo:
“NON SUBAS MÁIS Ó MUÍÑO MOER,PORQUE CHE PODE COLLER O MUIÑEIRO”
Sentencias relacionados con muiños:
-Cada un tira da auga pro seu muiño, inda que deixe seco o do veciño: Fai mención ó egoísmo da persoa.
-Muiño parado, non gana maquía: Fai referencia aos muíños que teñen un propietario e que cobran a moenda por medio dunha maquila ou maquía.
-Muiñeiro do diaño, que a fariña a fai salvado: Neste refrán faise mención a que o muiñeiro queda coa fariña e da o salvado aos clientes.
-Auga pasada, non move muíño: . Fai referencia a que as situacións vividas no pasado non cambian as presentes nin inflúen nelas.
-Tanto gana a muiñeira co que moe como co que peneira. Trátase dun refrán picaresco que fai mención á moralidade da muiñeira.
-O crego i o muíño, cantando ganan. O refrán establece un paralelismo entre o crego e o muíño, que usan o canto como denominador común para o seu sustento.
ADIVIÑAS:
¿Qué é unha cousa,
que anda e anda,
e nunca chega á casa
da ama? Resposta: O muíño
Qué cousa cousiña será,
que da voltas encima do río
e sen se mollar?
Resposta: O rodicio do muíño.
Un burro branco,
bailando no campo,
e baila nun pé e cabalo non é.
Resposta: O rodicio do muíño.
Anda e non ten pés,
come e non ten boca,
canta comida lle dan toda lle parece pouca.
Resposta : O muíño
Máis de mil señoritos entraron por un burato,
colleron nome de femia e perderon o de macho.
Resposta: Os graus de centeo ou doutro cereal facéndose fariña no muíño.

OUTROS MUIÑOS

MUÍÑO DE TEIGUÍN

Este muíño atópase no concello de Samos, na parroquia de Pascais ao lado da ponte de Teiguín.
Está situado na beira esquerda do río Sarria, feito en cachotería de xisto, con engadidos de formigón e ladrillo. O teitume en carpintería de madeira e losa de xisto. O caudal é conducido por unha canle dende unha ceña a uns 100 metros ata as entradas aos canleiros, protexidas por trabes de ferro. Xusto antes da chegada ao muíño, hai unha pontella de formigón.
O seu antigo propietario era José Sánchez pero faleceu e actualmente o muiño esta a nome da súa sobriña Benigna Sánchez.

martes, 19 de mayo de 2015

MUÍÑOS